PROVINCIAL OURENSE COMPAK SPORTING |
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba |
17/04/2022 |
IV Campionato Provincial de Ourense de Compak Sporting – Copa Deputación de Ourense O “Campo de Tiro A Goberna” situado en Beariz acolleu no día de hoxe, 17 de abril, o IV Campionato Provincial de Ourense de Compak Sporting –Copa Deputación de Ourense. Unha proba provincial que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e ca colaboración da Asociación Deportiva A Goberna Beariz e a Sociedade de Cazadores A Goberna Regueiro. Un campionato desputado en aberto e que contou con tiradores das diferentes provincias galegas. Participantes que se enfrontaron a 100 pratos divididos en catro canchas e que as diferentes traxectorias e a boa climatoloxía reinante durante toda a xornada permitiu o disfrute desta fermosa disciplina cinexético deportiva.
O tirador coruñés Daniel Cebreiro García, recentemente proclamado campión provincial de A Coruña desta disciplina, foi o campión da proba cun total de 92 pratos escachados. O mellor tirador da clasificación xeral da provincia de Ourense e polo tanto Campión Provincial foi Francisco Javier Villanueva Dejuana que obtivo a prata con 91 pratos. O terceiro posto foi para José Antonio Riveira Rivero con 89 pratos. En seniors o campión foi o ourensán Jose Manuel Fortes Lama con 82 pratos namentras que Rubén Fernández Formoso foi o mellor en iniciados con 81 pratos derrivados. O tirador Eliseo Faraldo Fernández foi o tirador da provincia que acadou o primeiro posto na categoría de veteranos con 75 pratos. Pero foi José González Yañez o campión absoluto da categoría con 84 pratos.
Este campionato provincial contou coa colaboración da Deputación de Ourense e Solognac e co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.
|