PROVINCIAL A CORUÑA COMPAK SPORTING
Daniel Cebreiro claro gañador do provincial en Río Sar
11/04/2022

Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting

O provincial de compak de A Coruña, celebrado o domingo 10 de abril, estivo organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contou coa colaboración e as instalacións do Campo de Tiro Río Sar. Un campionato desputado a 100 pratos divididos en 4 canchas.

Con 95 pratos escachados e superando en 5 pratos ao segundo tirador, Daniel Cebreiro García proclamábase como novo campión provincial de A Coruña de Compak Sporting. En segunda posición da clasificación Xeral Absoluta remataba José Manuel Torres Parada con 90 pratos e o bronce era para Antonio Iglesias Otero con 87 pratos.

Na categoría de Veteranos o campión era Antonio Castro Ferreiro con 73 pratos e o Senior mellor clasificado era Manuel Regueiro Castro con 80 pratos. 

O xoven tirador Omar Insúa Rodríguez era o campión de Xuveniles con 64 pratos.

O sempre presente Ángel Mosquera Rodríguez rematando a tirada con 68 pratos e era o mellor clasificado da categoría Master.

Este campionato provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e Solognac e co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.