MANIFESTACIÓN 20 DE MARZO
Unha marea laranxa de cazadores fan historia en Madrid
21/03/2022

O 20 de marzo quedará marcada na historia de todos os cazadores como unha cita na que a actividade cinexética escoitouse alto e claro na capital de España. Unha inmensa maioría de cazadores, acompañados de gandeiros, labregos e máis actores do campo, reivindicaron o abandono das políticas no rural e os ataques continuos que sofre a caza.

Un esforzo federativo sen precedentes, con máis de 1.500 autobuses e centos de miles de cazadores tinguiron de laranxa a Castellana reivindicando a libertade a cazar e rexeitando frontalmente as políticas animalistas das que o goberno central é complice.

 

Unha manifestación que amosou a independencia da cor política da caza e na que, novamente, o respeto e o comportamento exemplar dos cazadores voltaron a ser o selo de identidade do colectivo cinexético.

 Nin o cansanzo, nin os moitos kilómetros as costas poideron ca expedición de cazadores galegos que unha vez máis, ao igual que aconteceu naquel 15 de abril en Santiago de Compostela, estiveron a altura do agardado e seguen dando folgos para unha loita, máis forte si cabe, na defensa da caza e dos cazadores.

Os medios xeneralistas rexeitaron facer mención á palabra CAZA nos seus titulares pero non foron quen de ocultar nas imaxes e grabacións o intenso cor laranxa dos cazadores. Non existe un rural sin caza e o que aconteceu onte en Madrid é o comenzo dunha intensa loita que permita unha práctica cinexética sen ataduras e irracionais prohibicións.

Grazas... porque hoxe somos máis cazadores que nunca!!!