MANIFESTACIÓN 20 DE MARZO |
Máis dun milleiro de cazadores galegos xa confirmaron a participación na manifestación do 20 de marzo en Madrid |
08/03/2022 |
Novamente o colectivo cinexético galego responde á chamada da movilización en defensa da caza e do mundo rural do vindeiro 20M, ao igual que o fixo naquel 15 de abril do 2018 en Santiago de Compostela. Nesta ocasión é maior o esforzo que teñen que facer os cazadores galegos que soportarán máis de 12 horas de desprazamento nunha soa xornada co fin de facer chegar a voz galega as rúas da capital de España. Unha voz que defenderá a caza e o mundo rural. Non nos deixemos enganar porque ainda que se estén difundindo algunhas novas falsas que indican que todo está solucionado ou que se está solucionando, isto non é certo, os proxectos de leis que afectan ao mundo rural e a caza así como as intencións do Goberno non trocaron en absoluto. É por iso que serán moitos máis os cazadores galegos os que se achegarán a Madrid o 20 de marzo, e a Federación Galega de Caza, grazas aos seus federados, ve recompesado o esforzo económico realizado para facilitar a presenza galega nesta macromanifestación.
A FGC acolle esta resposta dos cazadores galegos como alento e forza para seguir loitando polos dereitos dos cazadores. E lembra que “Se non loitas polo que amas, non chores polo que perdas” Grazas!!! |