COPA FEDERACIÓN CANS PARADA OURENSE |
O setter inglés “Bruxo de Vilar de Donas” de Roberto Dopico foi o que obtivo a mellor calificación na Copa Federación de Ourense de Cans de Mostra |
07/03/2022 |
Copa Federación Galega de Caza de Ourense – IV Copa Deputación de Ourense de Cans de Parada Baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia, o pasado 6 de marzo desputábase a Copa Federación Galega de Caza de Ourense– IV Copa Deputación de Ourense de Cans de Parada. Na proba participaron un total de 20 cans, 17 correspondentes a razas británicas e 3 a razas continentais. Destacar a non calificación das razas continentais, e sendo ambas razas xuzgadas por José Manuel Pallas Germiñas e Jorge Amado Sambade.
O coruñés Roberto Dopico Dopico co setter inglés macho de nome “Bruxo de Vilar de Donas” obtivo a mellor calificación cun 1ºMB. Coa mesma calificación, pero en segunda posición, remataba a setter inglés “Berta de Vilar de Donas” do tamén coruñés José María Carnota Ríos. O pointer macho “Fume da Brisa” conducido polo ourensá Eliseo Faraldo Fernández era o que remataba en terceira posición cun 3º MB e obtiña a Copa Federación de Ourense. Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion. |