MANIFESTACIÓN 20M |
A FGC traballa intensamente na Manifestación do 20M |
01/02/2022 |
O 20 de marzo en Madrid todos os cazadores xogámonos o futuro da caza e do noso rural. E por iso que a Federación Galega de Caza está a manter diferentes reunións e acordos para que os cazadores galegos estén presentes en Madrid. A FGC é coñecedora do esforzo que supón o desprazamento á capital de España, motivo polo cal está a traballar intensamente para dar as mellores facilidades aos seus federados e sociedades de caza e garantir a presencia e representación galega o 20M. Nos vindeiros días a FGC trasladará, polo miudo, toda información detallada a cazadores e sociedades de caza. Vémonos en Madrid! |