PROVINCIAL OURENSE CAZA ARCEAS |
O título de campión provincial foi para José Antonio Vázquez |
17/01/2022 |
XXVI Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas O pasado 15 de xaneiro, desputábase a fase provincial de Ourense de caza de arceas. Un campionato celebrado nos terreos cinexéticos do Tecor de Toen e que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e coa colaboración da Sociedade de Cazadores de dito Tecor. Con baixas temperaturas pero con ceos despexados comenzaba esta fase provincial de caza de arceas que resultou ser unha fantástica xornada cinexética para todos os cazadores participantes. Como se de unha xornada de caza mais desta ave migratoria trascorreu este campionato que permitiu un bo número de avistamentos desta especie cinexética.
O máis afortunado dos participantes xunto co seu bo facer foi Jose Antonio Vázquez Rivera que foi quen de completar o cupo e se converteu, con 1.500 puntos, en campión provincial. O segundo posto foi para Jaime Pintos Davila con 500 puntos. O bronce foi para Mikel Álvarez Soriano tamén 500 puntos. Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion. |