CAMPIÓNS LIGA AGILITY 2021
Campións da Liga Autonómica de Agility 2021
17/01/2022

A pasada fin de semana, 15 e 16 de xaneiro, tivo lugar a primeira e a segunda proba da Liga Autonómica de Agility deste ano 2022.

No transcurso destas probas desputadas no concello coruñés de Oleiros tivo lugar a entrega de galardóns aos campións das diferentes categorías da Liga Autonómica de Agility do pasado exercicio 2021.

Estes foron os campións do 2021:

- Lucía Duro Devesa con “Tim” de A. EUSKOGAL - Clase 25

- Carlos Souto Tobío con “Hachi” de A. MAT´S - Clase 30

- Alberto Costas González con “Itches” de A. MAT´S - Clase 40

- Jorge Ramos Salinas con “Trice” de A. MAT´S - Clase 50

- Iker Santos Cabo con “Rice” de OURENCAN - Clase 60

A Federación Galega de Caza felicita aos campións e fai un recoñecemento especial aos participantes e Clubs que son os verdadeiros protagonistas na celebración das diferentes probas de agility. Destacando o traballo e bo facer de Carlos Souto, Delegado Autonómico de Agility.