PROVINCIAL CORUÑA DE CAZA DE ARCEAS
Javier López co setter “Foster” foi o campión provincial
15/01/2022

Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas

Na xornada de hoxe, 15 de xaneiro, desputábase a fase provincial da Coruña de caza de arceas que tivo como esceario os Tecores de “Eixil” de Cedeira e Cerdido e “Ortegal” de Ortigueira, Cariño e Mañón.

Terreos moi propicios para este tipo de probas e nos que a organización, a cargo da Federación Galega de Caza en A Coruña, contou coa colaboación das Sociedades de Caza de Cedeira e Ortegal.

Ceos despexados e temperaturas moi baixas foron as condicións coas que se atoparon os preto de 20 cazadores que tomaron saída neste campionato no que o avistamento de arceas permitiu lances de calidade.

 

O número de disparos empregados e a hora de chegada ao control foi determinante para coñecer a clasificación final na que o cazador Javier López Cendan co setter inglés “Foster do Rempenin” foi o campión provincial con 500 puntos. A prata era para o xoven cazador Yeray Lorenzo García que participaba coa setter “Hera” e obtiña tamén 500 puntos. Xa en terceira posición remataba Iván Rey Martínez co setter “Brutos Trabanco la Ferrere” tamén con 500 puntos.

Este campionato provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.