ASEMBLEA XERAL FGC |
A FGC celebrou a asemblea xeral coa aprobación de todos os puntos da orde do día |
17/12/2021 |
Dun xeito presencial e virtual, no día de hoxe, 17 de decembro, celebrouse a asemblea xeral da Federación Galega de Caza na que primou a unanimidade na aprobación de todos os puntos da orde do día. Lectura da acta da asemblea anterior, os orzamentos e o calendario de competicións foron os primeiros puntos aprobados cos que deu comenzo esta asemblea federativa. Tamén as modificacións do reglamento de determinadas disciplinas deportivas foron aprobadas, previa información do secretario xeral da FGC. No punto de informes de presidencia, o máximo mandatario federativo, Javier Nogueira, trasladoulle a asamblea a actualidade federativa e cinexética así como traballos, reunións, convenios e encontros realizados dende a celebración da asamblea anterior.
Coa interación positiva no apartado de rogos e preguntos remataba a asamblea xeral federativa desexando un bo nadal e ventureiro ano 2022. |