AUTONÓMICO DE ARCEAS |
O coruñés Ramiro Lamas con “Chester” é o novo campión galego de caza de arceas |
12/12/2021 |
XXV Campionato Galego de Caza de Arceas desputado en A Baña De magnífica podemos tildar a edición número XXV do Campionato Galego de Caza de Arceas desputado o pasado 11 de decembro no concello coruñés de A Baña. E todo elo grazas a colaboración da Sociedade de Cazadores Sancan que, xentilmente, cedeu uns extraordinarios terreos para a desputa deste Autonómico de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza.
Un total de 22 cazadores clasificados nas catro probas provincias e cos seus respectivos xuíces e cans tomaron saída nesta edición no que destacamos a alta densidade de arceas avistadas. Foron preto de 30 as migratorias avistadas polos participantes que desfrutaron dunha xornada con intensos e abundantes lances cinexéticos. O cazador Ramiro Lamas Vilanova chegado da Coruña e participando co setter “Chester” foi o que se converteu no novo campión galego da especialidade ao acadar un total de 1.000 puntos. Coa mesma puntuación pero xa en segunda e terceira posición remataba o ourensán José Antonio Vázquez Rivera con “Katy” e o pontevedrés José Dios de la Iglesia con “Kevin”, obtendo a prata e o bronce respectivamente. A conversa dos numerosos lances cinexéticos entre os participacipantes que chegaban ao control e a gran deportividade amosada por todos eles foi o preludio á clausura da competición e entrega de premios. Este campionato autonómico contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion. |