NACIONAL DE CETRERÍA
Duas medallas para Galicia no Campionato de España de Cetrería en Baixo Voo
29/11/2021

Un total de 86 cetreiros de toda España citáronse no concello albaceteño de La Roda para desputar o XIII Campionato de España de Cetrería en Baixo Voo que se celebrou do 26 ao 28 de novembro na finca ‘La Rodense’. Foi a primeira vez que se realizou esta proba separada da modalidade de Altanería onde destacou o gran ambente e o nivel de todos os participantes.

O campionato, supervisado polo delegado Nacional de Cetrería, Evaristo Rodríguez,  contou con ata catro modalidades que xa teñen os novos campións de España. Temos que destacar a participación do cetreiro galego Ignacio Orge García con “Taiga” xa que obtivo o ouro na categoría de Baixo Voo de Harris a Faisán. Nesta mesma categoría, o tamén galego Francisco González García con “Leticia” obtiña o subcampionato.

Noraboa a tódolos participantes e novamente Galicia acada bos resultados nas probas nacionais.