PROVINCIAL CORUÑA CAZA MENOR
Torres Parada con “Enxa” resultou gañador do provincial
24/10/2021

Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can

O pasado sábado 23 de outubro, en San Sadurniño, desputouse o Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can nos terreos do Tecor de Narahio. Todo elo organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Narahio.

A esta fase provincial acudiu un bo número de cazadores que durante as horas de competición marcadas pola organización tentaron desfrutar dos lances cinexéticos ainda que estes foron escasos.

Foi o cazador José Manuel Torres Parada o que acadou o título de Campión Provincial con 1.100 puntos e grazas ó traballo da súa setter inglés de nome “Enxa”. En segunda posición, con 200 puntos, remataba Juan Manuel Carou Rey que participaba co setter inglés “Blas”. Xa por sorteo, o terceiro posto era para Javier López Cendán. 

 

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.