PROVINCIAL LUGO CAZA MENOR |
Juan Carlos Rodríguez con “Krol” acada o provincial na Terra Chá |
24/10/2021 |
Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can O extenso terreo cinexético da Terra Chá acollía a fase provincial de Lugo de Caza Menor con Can no cal era o cazador Juan Carlos Rodríguez González co seu setter inglés de nome “Krol” o que obtiña o primeiro posto e se proclamaba campión provincial. Dita proba estivo organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e desenrolouse o pasado sábado 23 de outubro nos montes do Tecor Terra Cha, sociedade de caza que colaborou coa FGC de Lugo na organización de dito campionato. A favorable climatoloxía e a boa densidade de caza fixo desfrutar ós cazadores participantes que consegueron avistar caza durante as horas de competición, durante as cales case tódolos participantes chegaron ao control con capturas. Con 1.300 puntos Juan Carlos Rodríguez González era o que obtiña a mellor puntuación e se proclamaba campión provincial. En segunda posición e con 1.100 puntos remataba Juan Antonio Pena Pillado co can “Garay do Lugar Vello”. Coa mesma puntuación que Pena Pillado pero en terceira posición remataba Bernardo Traseira Rois co setter inglés “Ringo I de Bosende”.
Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion. |