NACIONAL DE ARCO
A Selección Galega de arqueiros triunfa no Campionato de España
10/10/2021

Este ano 2021 esta a ser un ano no que os deportistas cinexéticos galegos están a acadar grandes resultados nos diferentes Campionatos de España. Nesta ocasión foi a ampla Selección Galega de Arco a que participaba no XXIII Campionato de España de Percorridos de Caza con Arco desputado o pasado sábado 9 de outubro en Castillejo de Robledo. Unha Selección que colleitaba grandes triunfos estando presentes en boa parte dos podios das diferentes categorías. 

Estes foron os mellores resultados dos arqueiros galegos na cita nacional:

-       Lee Ramsdale campión en Arco Tradicional

-       Dolores Bugarín campiona en Asistido Feminino

-       Jacobo Santoro subcampión en Long Bow

-       José Caruncho subcampión en Asistido Junior

-    Carlota Otero campiona en Tradicional Cadete