PROVINCIAL PONTEVEDRA DE COELLO |
O lote propiedade de Martínez Bua proclamouse campión provincial en Valga |
13/09/2021 |
XXVII Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro modalidade Coello Con máis de 60 cans participantes arrincaba a edición XXVII do Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro modalidade Coello desputado nesta ocasión no concello pontevedrés de Valga. O campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e coa colaboración da Sociedade de Cazadores San Huberto. Alta inscrición e moi boas prestacións dos lotes participantes foi o máis destacada desta edición 2021. O cazador Carlos Martínez Bua presentábase nesta proba co lote de cans composto por “Bilma, Katy, Fay e Lula” co cal acadou unha puntuación de 485 puntos e se converteu no campión provincial. Xoan Castaño Conde con “Haixa, Gula, Olmo e Roxo” foi o subcampión con 480 puntos. Con 471 puntos e en terceira posición remataba Marcelo Arosa Dasilva con “Indio, Sapo, Maya e Pino”. A cadela “Bilma” propiedade do campión provincial Carlos Martínez Bua tamén obtivo o galardón de Mellor Can con 135 puntos. Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Solognac. |