NACIONAL CANS DE MOSTRA
Galicia colleita grandes resultados no Nacional de Cans de Mostra
13/09/2021

Campionato de España de Cans de Mostra

O pasado sábado, 11 de setembro, desputábase en Santa Olalla (Toledo) o Campionato de España de Cans de Mostra. Un campionato no que a Selección Galega foi quen de traer para Galicia o ouro por equipos en Razas Británicas e unha prata en Razas Británicas grazas ao setter inglés “Brem” de José María Carnota Ríos.

A Selección Galega estivo acompañada por José Moure Caneda, Secretario da FGC, e José Ángel Seco, Delegado Autonómico de Cans de Mostra, os cales destacaron o gran traballo, deportividade e bos resultados acadados polos deportistas galegos nesta cita nacional.