COPA ESPAÑA RASTRO COELLO |
Juan Formoso campión da Copa España de Coello |
23/08/2021 |
Copa España de Cans de Rastro modalidade Coello Baixo a organización do Clube “Amigos dos Cans de Caza” desputouse, o pasado 22 de agosto, a Copa de España de Cans de Rastro modalidade Coello. Unha proba Puntuable para a Copa Galicia da especialidade e na que colaboraron a Federación Galega de Caza en A Coruña e as Sociedades de Caza Altamira de Brión e Azor de Ames. Boas prestacións e boa participación foi o resultado satisfatorio desta edición na que o cazador Juan Formoso Raposo co seu lote de beagles composto por “Luna, Naca, Tula e Flor” foi o mellor clasificado con 510 puntos e acadando deste xeito o título de campión. Con 480 puntos o lote propiedade por José Javier Suárez Rama obtivo o subcampionato cos cans de nome “Sarela, Marco, Cori e Rua”. Deste lote o xurado da competición otorgou o premio ao mellor can da proba á cadela “Sarela” con 135 puntos.
O bronce, con 470 puntos, era para Carlos Martínez Bua que participaba cos cans “Bilma, Lola, Picoña e Fai”.
A entrega de premios puxo o punto e final a esta edición organizada polo Clube de Amigos dos Cans de Caza, un clube fundado no ano 1994. |