TROFEO CIDADE DE BETANZOS |
Fernando Manso gañador do Trofeo Cidade de Betanzos |
19/08/2021 |
XIX Trofeo Internacional de San Huberto Cidade de Betanzos Unha nova proba da disciplina de San Huberto desputábase en Betanzos (A Coruña) o pasado 15 de agosto. Dita proba contou coa organización da Sociedade de Cazadores Oza dos Ríos e a colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña e o Concello de Betanzos.
Foi o cazador Fernando Manso coa súa pointer de nome “Chispa” o gañador da proba seguido en segunda posición por Ramón Picallo que participou tamén con un pointer macho de nome “Café”. O terceiro posto era para Jorge Dobarganes co pointer de nome “Bico”.
|