GALEGO DE CANS DE PARADA |
“Azor da Brisa da Ría” de Eloy Rodríguez en Británicos e “Mai de la Judería” de Vicente Cortés en Continentais, foron os Campións Galegos |
01/08/2021 |
XXXI Campionato galego de Cans de Parada 2021 No día de hoxe, 1 de agosto, tivo lugar unha nova edición da Copa Galicia de Cans de Parada que se desputou nuns terreos amablemente cedidos pola Sociedade Deportiva Terra Chá. Esta proba era a derradeira de tódolas probas que compuxeron a Copa Galicia de Cans de Parada da tempada 2021, e que á postre deu os resultados do propio Campionato Galego. A organización da proba recaeu na Federación Galega de Caza en colaboración co Tecor lucense da Terra Chá, sendo o director da proba José Ángel Seco Alvite. Os terreos foron valorados moi positivamente polos participantes, moi axeitados para este tipo de probas pola súa amplitude e homoxeneidade. O campionato foi desputado sobre perdiz vermella sementada, unhas perdices de forte voo aportadas por Cinexética Brandariz. Razas Británicas A clasificación desta proba rematou do seguinte xeito: 1º “Berta de Vilar de Donas” setter inglés femia de José María Carnota cun 1ºMB 2º “Lio” setter inglés macho de Antonio Vilar cun 2º MB. 3º “Gudel de Ademar” setter inglés macho de Roberto Dopico cun 3º MB.
Razas Continentais 1º “Mai de la Judería” braco alemán femia de Vicente Cortés cun 1ºEXC 2º “Arco das Fontiñas” braco alemán macho de Jaime Aneiros cun 1ºMB 3º “Iron de Moncofa” braco alemán macho de Jaime Aneiros cun 2ºMB
Finalmente, sumados os resultados de todas as probas, a clasificación final de Cans de Parada 2021 foi a seguinte:
RAZAS BRITÁNICAS 1º e campión “Azor da Brisa da Ría”, setter inglés macho de Eloy Rodríguez, con 21 puntos. 2º “Berta de Vilar de Donas”, setter inglés femia de José María Carnota, con 14 puntos. 3º “Brem”, setter inglés macho de José María Carnota, con 14 puntos.
RAZAS CONTINENTAIS 1º “Mai de la Judería” braco alemán femia de Vicente Cortés, con 10 puntos. 2º “Iron de Moncofa” braco alemán macho de Jaime Aneiros, con 8 puntos. 3º “Oscar de la Judería” braco alemán macho de Vicente Cortés, con 4 puntos. Unha vez rematada a proba, autoridades, organizadores, participantes, sementadores e xuíces procederon á entrega de premios, a fin de poñer a guinda da mellor maneira posible á proba e asemade á tempada 2021 de Cans de Parada. Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Arion, Proyecta Galicia e Perdices Brandariz. |