XABARIL MESÓN DO VENTO
Francisco Rodeiro con “Zeus” gañadores no Mesón do Vento
31/07/2021

Proba de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril

Cunha destacada participación, máis de 40  cans e monteiros, este sábado 31 de xullo tiña lugar a Proba de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril de Mesón do Vento – I Memorial Jorge Rivas. O campionato estivo organizado pola Sociedade de Caza “O Gatillo” en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña e diferentes casas comerciais.

O Director da Proba e Delegado Nacional e Autonómico da especialidade, Oscar Meijide, dividiu os participantes en dous campos e ata un total de 12 cans clasificáronse para a fase final. Unha final na que Francisco Rodeiro co can “Zeus” foi o claro gañador ao obter un total de 245 puntos. O participante lucense Michael Otero con “Chacho” e con  “Camarón” obtiña o segundo e terceiro posto da xeral con 229,5 e 219 puntos, respectivamente. Luis Bascoi con “Kapi” foi galardoado pola organización ao ser o mellor monteiro local neste campionato.

 

Na entrega de premios estiveron presentes membros da Real Federación Española de Caza, do Concello de Ordes e da Federación Galega de Caza os cales agradeceron a participación e deportividade dos monteiros. O presidente da FGC e Tesoureiro da RFEC, Javier Nogueira, recollía unha placa de recoñecemento en nome de Manuel Gallardo, presidente da RFEC, que por motivos de saúde non puido acudir a cita e que a organización da proba quixo obsequiar polo seu cargo ao fronte da presidencia da RFEC.

Autoridades, organización e participantes remataron o acto de clausura cun emotivo aplauso en memoria de Jorge Rivas, gran apaixoado do mundo cinexético.