COMPAK SPORTING
Todo preparado no Campo de Tiro Río Sar para a desputa do Nacional de Compak – Gran Prix Fitasc
26/07/2021

Do 30 de xullo ao 1 de agosto desputarase en Galicia, concretamente no Campo de Tiro de Río Sar, o Campionato de España – Gran Prix Fitasc de Compak Sporting, baixo a organización da Real Federación Española de Caza e coa colaboración da Federación Galega de Caza e a Sociedade Deportiva Río Sar.

Máis de 300 tiradores participaran neste campionato nacional puntuable a nivel europeo e que se desputará a 200 pratos repartidos en 8 canchas situadas nas instalacións do Campo de Tiro Río Sar (Concello de Trazo – A Coruña). Unhas fermosas instalacións e perfectamente acondicionadas para a celebración destes campionatos nacionais de tiro.

En horario de 9:00 – 20:00 horas do 27, 28 e 29 de xullo terán lugar os adestramentos oficiais e xa o 29 de xullo ás 20:00 horas terá lugar a entrega dos dorsais e o acto inaugural.  Será o vindeiro domingo 1 de agosto canto coñeceremos os gañadores das diferentes categoría que xunto coa entrega de premios e trofeos poñerá o punto e final a esta destacada cita do tiro nacional.