CAN DE OURO - RASTRO DE COELLO |
O lote propiedade de Martínez Bua foi o campión do Can de Ouro en Rastro de Coello |
19/07/2021 |
IX Campionato Can de Ouro Costa da Morte puntuable para a Copa Galicia
No día de onte, 18 de xullo, os Tecores Societarios de San Xoan de Serres e O Horreo de A Coruña acollían a IX edición do Campionato de Can de Ouro na modalidade Rastro de Coello, organizado polo Clube "Amigos dos Cans de Caza" en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña e a Sociedade San Xoan de Serres de Muros e a Sociedade Cinexética Carnotana. A proba trascorreu sen imprevistos, destacando a deportividade de tódolos participantes así como a calidade dos lances cinexéticos. Uns lances que dificultaron o traballo do equipo de xuíces, mostra delo foron as axustadas puntuacións nos primeiros postos da clasificación xeral. Foi o participante Carlos Martínez Bua o que acadaba, co seu lote “Lula, Pai, Bilma e Picoña”, o primeiro posto da clasificación final cun total de 500 puntos. Con 490 puntos o segundo clasificado era José Javier Suárez Rama con “Cori, Sarela, Marco e Rua”. O bronce era para José Antonio Mariño Vidal con “Chuco, Petra, Nano e Ona” e 485 puntos.
A cadela de nome “Luna” propiedade de Juan Formoso Raposo obtiña o galardón de Mellor Can da proba con 144 puntos.
|