FGC CORUÑA - SOCIEDADES DE CAZA
Comunicado das Sociedades de Caza
02/07/2021

Como continuación á rolda de contactos que a Xunta Directiva da Federación Galega de Caza na Coruña está mantendo con distintas Sociedades de Caza da provincia da Coruña, a petición destas, na tarde de onte xuntáronse en Betanzos os Presidentes de máis de trinta Sociedades de Caza para debatir sobre o futuro dos seus Tecores a raíz das denuncias que se están recibindo polos danos ocasionados polo xabaril.

A conclusión foi unánime: as Sociedades de Caza non poden responsabilizarse por máis tempo deste danos, polo tanto están dispostas a someter ás súas respectivas asembleas a renuncia aos dereitos cinexéticos dos seus Tecores.

O mesmo tempo algunhas delas xa iniciaron os trámites para excluír dos seus Tecores as zonas conflictivas. De feito unha das Sociedades alí presente, xa o ten iniciado para deixar libres dúas parroquias que suma máis de 1700 hectáreas.

A FGC na Coruña comprometeuse a remitir a tódalas Sociedades de Caza da Coruña un escrito por se queren sumarse a esta iniciativa, que se trasladará a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.