ASEMBLEA XERAL FGC
Unanimidade nos acordos e mellora dos resultados da FGC
28/06/2021

O pasado venres 25 de xuño celebrábase, de xeito virtual, a Asemblea Xeral da Federación Galega de Caza. Unha asemblea que comenzaba ás 17:30 horas en segunda convocatoria e na que se acadaba a aprobación en todos os seus puntos da orde do día.

Temos que destacar o estudio e aprobación das Contas Anuais correspondentes ao exercicio 2020. Neste punto a FGC consolida a súa situación económica autosostible e saudable.

Nos seguintes puntos da orde do día tamén se levou a cabo a aprobación da memoria de actividades do 2020 moi marcada pola situación sanitaria da covid-19, o Regulamento de Licenzas conforme a Instrucción da Secretaría Xeral para o Deporte, a modificación do Calendario e Normativa de competicións así como a modificación dos Regulamentos das especialidades deportivas de Agility, Arco e San Huberto.

Unha das melloras nos resultados foi no tocante a representatividade que a Federación Galega de Caza acadou no pasado exercicio 2020. Incrementando ata o 56% a taxa de cazadores federados, superando xa a cifra absoluta dos 20.000 afiliados.

Foron os danos do xabaril, tanto en cultivos como en estradas, o que centrou a segunda parte da asemblea e na que o presidente da FGC, Javier Nogueira, facía unha análise polo miudo da situación actual, tendo en conta a controvertiva rolda de prensa de Unións Agrarías na que dita formación alentaba aos gandeiros a presentar demandas ás sociedades de caza. “Son os danos do xabaril en cultivos e estradas o problema primordial ao que se enfronta a caza na nosa comunidade con unha máis que complexa solución pero na que poñeremos todo o esforzo e traballo posible” apuntaba Nogueira ao mesmo tempo que recalcaba que o diálogo e o entendemento entre os sectores afectados serán a solución.