GALEGO DE XABARIL |
Salvador Sestelo con “Beba” proclamouse campión galego de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril |
12/06/2021 |
XXV Campionato Galego de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril A Federación Galega de Caza trasladou ao concello coruñés de Santa Comba a edición número XXV do Autonómico de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril desputada no día de hoxe, 12 de xuño de 2021. Un campionato que contou coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Xallas e na que participaron preto de 40 monteiros clasificados nas respectivas fases provincias. Unha vez máis a fase final do Campionato Galego de Xabaril non defraudou ás espectativas creadas e durante a xornada presenciáronse prestacións de enorme calidade no rastrexo do xabaril por parte do binómio monteiro e can. Foi o participante pontevedrés Salvador Sestelo Núñez o que coa súa cadela “Beba” resultaba gañador do título de campión galego ao obter un total de 248,5 puntos. Con 240 puntos e en segunda posición remataba o monteiro Gonzalo Rodeiro Louzao co can “Zeus”. O bronce era para Álvaro Fontela Filgueira con “Lito” e 231 puntos.
No trascurso do acto de clausura a Federación Galega de Caza fixo entrega a Antonio Sánchez Sesto da placa de Campión da Copa Galicia da especialidade que acadou co can “Diésel”.
Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Arion e Proyecta Galicia. |