GALEGO DE PERCORRIDOS DE CAZA |
Novamente o tirador Antonio Iglesias acada o título autonómico de percorridos de caza |
07/06/2021 |
XXIII Campionato Galego de Percorridos de Caza O pasado 7 de xuño o campo de tiro “Río Sar” era o elexido pola Federación Galega de Caza para a celebración do Autonómico de Percorridos de Caza, contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar desputouse un campionato de enorme calidade organizativa. Un campionato no que destacamos a enorme participación tomando saída preto de 90 tiradores que se enfrontaron a 150 pratos dende diferentes postos, traxectorias e velocidades.
Como soen facer os campións, Antonio Iglesias Otero realizaba unha tirada de menos a máis e remataba con 139 pratos escachados. Tan so foi quen de seguir o ritmo imposto por Iglesias o tirador José Manuel Torres Parada que remataba en segunda posición con 135 pratos. Con este novo título Antonio Iglesias Otero acada os preto de 40 campionatos oficias gañados e se converte nun dos mellores tiradores galegos nas disciplinas de compak e percorridos de caza. O bronce da clasificación xeral era para José Ramón Conde Mouriño con 131 pratos.
Na categoría Senior o primeiro posto era para Fernando Sánchez Mancebo con 120 pratos escachados. José Luís Sánchez Mancebo e Mario González Yáñez eran o segundo e terceiro clasificado con 119 e 117 pratos respectivamente. Antonio Castro Ferreiro era o primeiro clasificado na categoría de Veteranos ao acadar a marca de 106 pratos. A prata era para José María González e o bronce para o tirador Eliseo Faraldo Fernández.
E xa na categoría Máster o ouro era para Luis Salmerón Madera con 96 pratos. O segundo e terceiro posto do podio era para Ángel Mosquera Rodríguez e Manuel Sánchez Bello, respectivamente. No transcurso da entrega de premios tamén se otorgou a placa de Campión da Copa Galicia da especialidade a Daniel Cebreiro García.
Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Solognac. |