AMIGOS DOS CANS DE CAZA
O lote de beagles propiedade de Francisco Abraldes foi o gañador no Barbanza
31/05/2021

Campionato de Cans de Rastro modalidade Coello

 No día de onte, 30 de maio, o Clube Amigos dos Cans de Caza tiña a ben celebrar a primeira proba deste ano 2021 de Cans de Rastro na modalidade Coello. Coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña e a Sociedade de Caza e Pesca Barbanza desputábase esta proba na que temos que destacar a boa densidade de coello existente nos campos o que permitiu o desfrute das presentacións dos 24 lotes participantes.

Foi o lote de beagles propiedade de Francisco Abraldes Crujeiras composto por “Miñortos”, “Bella”, “Reila” e Trufa” o que acadou un total de 555 puntos e obtivo o primeiro posto da clasificación xeral. Juan Formoso Raposo co lote “Nik”, “Pol”, “Luna” e “Naka” obtiña o subcampionato con 545 puntos. Con 460 puntos e en terceira posición remataba Javier Ayaso Maneiro con “Ratón”, “Peón”, “Preta” e “Pumuki”.

 

O campión Abraldes Crujeiras tamén obtiña o premio ao Mellor Can da proba con “Bella” e un total de 145 puntos.