FESTA DA CAZA DE LUGO |
San Huberto e Cans de Parada na Festa da Caza de Lugo |
30/05/2021 |
Campionato Provincial de San Huberto e Trofeo Cidade de Lugo de Cans de Parada O monte do Cristo e Costa eran os terreos elexidos pola federación lucense de caza para a celebración, no día de hoxe 30 de maio, do seu campionato provincial de Lugo de San Huberto e o Trofeo Cidade de Lugo de Cans de Parada. Uns terreos cedidos pola Sociedade de Caza San Nicolás colaboradora en todas as actividades desta edición XXIV da Festa da Caza de Lugo.
No tocante ao XXX Trofeo Cidade de Lugo de Cans de Parada temos que destacar, na categoría de Británicos, o primeiro posto acadado polo setter inglés de nome “Bren” conducido por José María Carnota Ríos cunha calificación de 1º MB. Os tamén setters ingleses de nomes “Swayper” e “Roi” propiedade de René Vale García acadaban o segundo e terceiro posto, respectivamente, cunha calificación de MB. En Continentais o primeiro posto era para o braco alemán de nome “Oscar” de Vicente Cortes cunha calificación de 1ºMB. Cun MB obtiña o segundo posto o tamén braco alemán “Arco” de Jaime Aneiros.
O intenso e emocionante XXIV Campionato Provincial de Lugo de San Huberto deu ao cazador Corsino Valero Villar como campión absoluto e tamén campión provincial coa pointer “Kira”. O segundo posto era para Jaime Aneiros e o bronce para Unai Arteche. Como campión da proba, na modalidade Springer, remataba José Sanmartín Pérez co seu can “Futre” que tamén obtiña o título de campión provincial. A prata era para Juan José Canosa Vigo con “Tayson” e no terceiro posto remataba Saturnino Pereira Vidal con “Alfa”.
Estes Campionatos contaron co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.
|