XABARIL SALVAXE EN RIANXO
José Couto co seu can “Rin” foi o mellor calificado sobre xabaril salvaxe en Rianxo
24/05/2021

II Campionato de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe

Na xornada do pasado 22 de maio tiña lugar o II Campionato de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe na localidade coruñesa de Rianxo. Unha perfecta organización nas sempre complexas probas sobre caza salvaxe que correu a cargo do Clube Amigos dos Cans de Caza e coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña e a Sociedade de Pesca de Rianxo. 

A paixón polos cans de rastro sobre xabaril segue dando os seus froitos e mostra delo foi esta segunda edición da proba de Rianxo sobre xabaril salvaxe con cans atraelados que, como ocorreu na primeira edición, compretou o cupo de monteiros e cans participantes. Destacamos o bo trascorrer da xornada cinexética deportiva así como a organización da mesma e a colaboración da FGC de A Coruña e a Sociedade de Caza e Pesca de Rianxo co Clube Amigos dos Cans de Caza. 

Unha vez cortados os rastros por parte dos monteiros elexidos pola organización e postos a disposición de xuíces e participantes comenzou a proba. Esta proba contou coa sempre complexa tarefa de ser xulgada por Dinito Carballo, Alfonso Collazo e Mario Dios.

 

Rematada a prestación de tódolos participantes foi o monteiro José Couto co seu can Rin o que obtivo a mellor calificación cun total de 228,5 puntos. Con 222,5 puntos remataba en segunda posición Miguel Ángel con Kiko. O can de nome “Blanco” conducido por Adrián Sánchez acaba o bronce con 215,5 puntos. Luis Miguel con “Kiler”, Miguel Villar con “Blanco” e Andrés Paz con “Trova” eran os cuartos, quintos e sextos clasificados respectivamente.