COPA FEDERACIÓN CANS DE PARADA |
O setter inglés “Bren” de Carnota Ríos foi o mellor calificado en Baiona |
18/05/2021 |
XXXII Copa Federación Galega de Caza de Pontevedra de Cans de Parada O pasado 16 de maio desputábase en Baiona a xa XXXII edición da Copa Federación Galega de Caza de Pontevedra de Cans de Parada na que era a FGC de Pontevedra a encargada da súa organización e contaba coa colaboración da Sociedade de Caza “As Tres Bes”. Na proba participaron un total de 16 cans, 4 en razas continentais e 12 en razas británicas. Temos que destacar que das razas continentais os cans presentados non obtiveron calificación. Foi o setter inglés de nome “Bren” e conducido por José Mª Carnota Ríos o que obtiña a mellor calificación con 1º EXC. Eloy Rodríguez Martínez presentaba o setter inglés “Azor da Brisa da Ría” e obtiña un 2º MB. O tamén setter inglés de nome “Horam´s” conducido por Belisardo Bertoa Suárez obtiña o terceiro posto cunha calificación de MB.
Este Campionato contou co patrocinio de: Secretaria Xeral para o Deporte, Mutuasport e Proyecta Galicia. |