PROVINCIAL LUGO DE PERCORRIDOS CAZA |
Marcos Vázquez foi o dominador do provincial |
16/05/2021 |
XV Campionato Provincial de Lugo de Percorridos de Caza Despois da desputa do provincial de compak na xornada previa ao día de hoxe, 16 de maio, tiña lugar o XV Campionato Provincial de Lugo de Percorridos de Caza organizado pola Federación de Caza de Lugo e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores San Nicolás. Superando a participación de edicións anteriores arrincaba esta proba con preto de 60 tiradores que se enfrontaron a 100 pratos nos que as traxectorias dos pratos dende diferentes inclinacións do tiro foi a nota predominante da xornada cinexético deportiva.
Marcos Vázquez Cabado era o tirador lucense que se facía novamente co título de campión provincial de percorridos de caza ao igual que fixo na modalidade de compak sporting. Pero nesta ocasión Vázquez Cabado foi o campión absoluto da clasificación xeral cun total de 89 pratos escachados. O campión provincial tivo que enfrontarse a un desempate, novamente, co tirador pontevedrés José Antonio Vasconcellos Vicente pero que nesta ocasión superou grazas ao pleno acadado. Vasconcellos Vicente quedaba relegado a segunda posición da clasificación xeral por diante de Formoso Barro. Na categoría Senior o primeiro posto era para Ángel Gómez González con 83 pratos. O segundo e terceiro posto eran para José Carlos Martínez González e Juan Carlos Bande López, respectivamente.
Luis Salmerón Madera era o Máster mellor clasificado cun total de 66 pratos escachados. José María González Rodríguez era o Veterano que acadaba o primeiro posto con 76 pratos. O xoven tirador Omar Insúa Rodríguez eran o campión con 74 pratos na categoría de Xuvenil.
Este Campionato contou co patrocinio da: Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport e coa colaboración de Solognac. |