PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
Canosa Vigo, Zamora Lorenzo e Pereira Vidal foron os campiĆ³ns en Baiona
10/05/2021

XXXIV Campionato Provincial de Pontevedra de San Huberto

O pasado domingo 9 de maio no monte "A Groba" do terreo societario "As Tres Bes" da localidade pontevedresa de Baiona desputouse o Campionato Provincial de Pontevedra de San Huberto. Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración da sociedade de caza “As Tres Bes”.

A xornada cinexético deportiva trascorreu sen imprevistos e foi o cazador Juan José Canosa Vigo o que co seu can “Max da Chousa” proclamábase campión da proba. Roberto Dopico Dopico co seu can “Bruxo” foi o segundo clasificado da xeral namentras que Félix Robles López con “Zenith” remataba en terceira posición.

José Ramón Zamora Lorenzo con “Xanto de Alecrín” era o cazador pontevedrés que obtiña o título de campión provincial. Saturnino Pereira Vidal co seu can “Eros de Ademar” obtiña a medalla de prata do provincial e Santiago Rodríguez Santiago con “Apolo” o bronce.

Na categoría de Springer o campión da proba era, novamente, Juan José Canosa Vigo con “Tayson”. Eloy Rodríguez Rego con “Tras” era o segundo clasificado por diante de Saturnino Pereira Vidal que obtiña o bronce e o título de Campión Provincial con “Lapha Estrellas Tebra”.

Durante a entrega de premios os participantes e a organización quixeron render unha homenaxe ao cazador falecido Eduardo Calles, compañeiro e cazador moi vinculado a este tipo de campionatos.

 Este campionato provincial contou co patrocinio da: Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.