RASTRO SOBRE LEBRE |
O lote propiedade de Jose Javier Suárez resultou campión da I proba de lebre desputada en Mazaricos e Carnota |
10/05/2021 |
I Proba de Cans de Rastro sobre Lebre O pasado domingo 9 de maio chegaba unha cita moi agardada para os apaixoados dos cans de rastro. Nesta ocasión para os cans de rastro sobre lebre que gracias aos enormes esforzos da Federación Galega de Caza de A Coruña foi quen de levar a cabo esta primeira edición que, debido ao éxito acadado, seguramente será a primeira de moitas probas deste tipo. Todo isto foi posible á colaboración esencial dos acoutados das sociedades de caza Halcón de Mazaricos e Cinexética Carnotana que puxeron á disposición os seus terreos para que os 13 participantes e 71 cans desfrutasen dunha gran xornada cinexético deportiva.
Foi o cazador Jose Javier Suárez Rama o que co seu lote composto por “Marco”, “Oda”, “Sarela”, “Otto”, “Pouso” e “Madame” obtiña o primeiro posto da clasificación xeral con 140 puntos. Mostra do éxito acadado por esta proba destacamos a presencia da cazadora asturiana Nerea Álvarez Váquez que cos seus cans de nome “Selva”, “Perla”, “Mora” e “Sola” obtiña o segundo posto con 130 puntos. O bronce foi para o lote propiedade de Diego Gay Varela e conformado por “Acelerado”, “Cora”, “Chocolate”, “Estopa”, “Chispa” e “Flecha” e 123,3 puntos. A cadela “Sarela” do campión Suárez Rama foi galardoada co premio ao mellor can con 147 puntos.
Esta proba contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e coa colaboración de Solognac. |