PONTEVEDRA COMPAK SPORTING |
Roberto Rodríguez foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba |
26/04/2021 |
Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting A Federación Galega de Caza en Pontevedra organizaba no día de onte, 25 de abril, o seu Campionato Provincial de Compak Sporting coa colaboración do Clube de Tiro Eido Dalbo e o Clube de Tiro Río Lérez. Unha proba desputada a 100 pratos e no que participaron 40 tiradores chegados dende as diferentes provincias galegas. Rematada a proba destacar o bo nivel de acerto en xeral dos tiradores inscritos. Na clasificación xeral o primeiro posto foi para Daniel Cebreiro García con 97 pratos encadeando así unha xeira de extraordinarios resultados na modalidade de compak. Roberto Rodríguez Fernández foi o subcampión e o mesmo tempo proclamouse Campión Provincial con 91 pratos non sen antes realizar un desempate no que superaba a José Manuel Torres Parada que remataba en terceira posición. Daniel Domínguez Treinta e José Antonio Vasconcellos Vicente remataron no cuarto e quinto posto da clasificación xeral e obtiveron a prata e o bronce do provincial. Na categoría de Senior o primeiro posto e campión provincial era para José Carlos Martínez González con 86 pratos. En Veteranos o campión da proba era José María González Rodríguez con 74 pratos e o campión provincial Jaime Vilas Pereira con 66 pratos. E na categoría Máster o primeiro posto e campión provincial era para Luis Salmerón Madera con 63 pratos.
Este Campionato contou co patrocinio de: Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport. |