PROVINCIAL OURENSE COMPAK SPORTING
Isaac Otero foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba
19/04/2021

III Campionato Provincial de Ourense de Compak Sporting – II Copa Deputación de Ourense

O “Campo de Tiro A Goberna” situado en Beariz acolleu o pasado 17 de abril o III Campionato Provincial de Ourense de Compak Sporting – II Copa Deputación de Ourense. Unha proba provincial que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e ca colaboración da Asociación Deportiva A Goberna Beariz e a Sociedade de Cazadores A Goberna Regueiro.

Preto de 40 tiradores chegados dende as 4 provincias galegas participaban neste campionato desputado a 100 pratos nos que se obtiveron moi boas marcas de pratos derrivados o que fixo que a xornada fose do máis entretida para todos os tiradores.

Nesta proba celebrada en aberto resultou gañador o tirador coruñés Daniel Cebreiro García que encadea así unha xeira de primeiros postos nas diferentes probas desputadas. Cebreiro acadou un total de 98 pratos escachados. O segundo e terceiro posto tamén foron para A Coruña da man de José Manuel Fernández Añon e José Manuel Torres Parada en segunda e terceira posición respectivamente con 92 pratos. O mellor tirador da clasificación xeral da provincia de Ourense e polo tanto Campión Provincial foi Isaac Otero Penedo cun total de 88 pratos, sendo tamén o campión da categoría senior.

O tirador Eliseo Faraldo Fernández foi o tirador da provincia que acadou o primeiro posto na categoría de veteranos con 79 pratos.

A Selección de Ourense para o vindeiro autonómico da especialidade quedou conformada por: Isaac Otero, Eduardo Salceda, Jorge Vázquez, José Antonio Vázquez e José Luis Estevez.