FGC - COMITÉ |
Estas foron algunhas das propostas presentadas pola FGC ante o Comité Galego de Caza |
16/04/2021 |
Unha vez escoitado a cazadores e sociedades de caza a Federación Galega de Caza presentou, no día de onte, unha batería de propostas ante o Comité Galego de Caza en prol dunha actividade cinexética máis beneficiosa, evolucionada e mellor xestionado. Moitas destas propostas xa foran expostas polos representantes federativos provincias nos seus respectivos Comités, e foron impulsadas e matizadas no Comité Autonómico celebrado no día de onte. Acontinuación trasladamos algunhas das propostas presentadas: - Proba piloto para fomentar a adaptación ao medio dos coellos nas repoboacións. - Solicítase a búsqueda dunha solución ao análise de carne de caza. - Posta en marcha do curso de cazador con formación. - No tocante ás repoboacións cinexéticas solicítase a habilitación dun procedemento de comunicación para as repoboacións, de xeito semellante ás soltas que se realizan nas zonas de caza permanente. - Exención do pago da licenza de caza aos menores de 18 anos e maiores de 65, en consonancia coa licenza de pesca fluvial que é gratuíta para os mesmos tramos de idade. - Actualización do sistema de consulta dos datos REGIAC por medios telemáticos. - En relación aos danos producidos polo xabaril, solicítase que o informe por parte dos axentes reflexe o máis exactamente posible a superficie danada. - Regulación da actividade nas explotacións cinexéticas comerciais. - Situación e posicionamento da caza do lobo en Galicia. - Posta en marcha dunha aplicación informática da Xunta para unha mellor e máis sinxela comunicación dos resultados das cazarías.
|