COMITÉ GALEGO DE CAZA
Xuntanza do Comité Galego de Caza tempada cinexética 2021/2022
15/04/2021

Na mañá de hoxe, xoves día 15 de abril, tivo lugar a xuntanza do Comité Galego de Caza, cuxos acordos servirán de base para confeccionar a “Resolución de Vedas” que regula os períodos hábiles de caza das distintas especies cinexéticas para a vindeira tempada de caza 2021/2022.

Como ocorreu no anterior Comité debido a situación da pandemia, este realizouse por videoconferencia pero non por elo foi destacada a participación da FGC que xa fixera as respectivas aportación e propostas nos respectivos comites provinciais.

O Comité estivo composto polos diferentes representantes dos cazadores galegos e das sociedades de caza, entre os que se atopaban os catro presidentes provinciais da Federación Galega de Caza, e todos eles encabezados polo presidente da FGC, Javier Nogueira Diz; así como representantes da administración autonómica. A Xuntanza  estivo presidida pola Directora Xeral de Conservación da Natureza, Belén do Campo. 

No transcurso da reunión, analizáronse as propostas dos catro comités provinciais de caza, de cara a establecer a normativa que regule os períodos hábiles e as especies que serán obxecto de caza na vindeira tempada. A FGC achegou moitas propostas ben acollidas polo resto de participantes, acadándose consenso na maioría de todas as presentadas.

Rematado o Comité todo parece indicar que serán mínimas as modificacións da vindeira Orde de Vedas con respecto ao exercicio cinexético anterior no tocante as modalidades e aos periodos hábiles de caza das diferentes especies cinexéticas. Destacamos as seguintes posibles datas:

  • Tempada xeral: do 17/10/21 ao 06/01/22
  • Xabaril: do 22/08/21 ao 27/02/22
  • Raposo: durante a tempada xeral e dende o 01/09/21 ao 16/10/21 e do 07/01/22 ao 13/02/22.
  • Corzo: machos en batida dende o 22/08/21 ao 16/10/21. Femias de corzo manteñen as mesmas condicións cinexéticas que no exercicio anterior. Corzas en batida dende 04/09/21 ao 16/10/21 ou no periodo entre o 07/01/22 ao 19/02/22

Queda todo emprazado para que sexa a Consellería do Medio Ambiente a que fixe, coa publicación da Resolución de Vedas, as regras que rexerán a práctica cinexética na nosa comunidade na vindeira tempada.