CANS DE PARADA SOBRE ARCEA A CORUÑA |
O setter inglés “Zeta” de Marcos Estévez foi o único clasificado |
15/03/2021 |
O pasado 14 de marzo tivo lugar a III Proba de Cans de Parada sobre arcea organizada pola Federación Galega de Caza na Coruña nos terreos da Sociedade de Caza Santa María de Cabalar e a Sociedade de Caza Venatoria As Pontes. Hai que salientar a excelente disposición de ámbalas dúas sociedades para a celebración de probas deportivas de caza en todo momento. O campionato, que se desenvolveu respetando o protocolo covid aplicable a este tipo de competicións, transcorreu nuns montes idóneos para as probas de cans de parada sobre arcea, formados por bosques de piñeiros principalmente con valgadas e regueiros, cunha vexetación que en todo momento permitía poder ver o traballo dos cans. Malia o avanzado do calendario contouse cunha inscrición de 29 cans que dende as 10:00 da mañá se afanaron na busca da arcea en quendas por parellas de 20 minutos de duración. Lamentablemente, só se conseguiron avistar 2 arceas e viuse sinais da súa presenza en dous sitios máis. Da batería A, xulgadas polos xuíces Juan Alvaro Rodríguez, Jesús Blanco Paredes e Kiko López, saíu o único can clasificado da proba, o setter inglés Zeta, de Marcos Estévez. Na batería B, xulgada por José Manuel Pallas e Óscar Suárez, lamentablemente non puido resultar clasificado ningún can, polo que os xuíces nomearon os restantes cans premiados en función do traballo realizado. - 1º. Zeta, de Marcos Estévez, con cualificación de Moi bo. - 2º Ulises, de José Antonio Cerqueiro - 3º Greta da Ponteporto, de Daniel Facorro - Brisa, de Javier Pereiro - Ciro do Coto da Néboa - Isa de Castrocán, de Alberto Ramos Tamén se destacaron aos mellores cans menores de 2 anos: - Gala, de Higinio Rodeiro - Aser, de José Antonio Cerqueiro Xa entrada a tarde e nun ambente de coordialidade púxose fin á xornada coa entrega de trofeos e as palabras das autoridades federativas.
|