PROVINCIAL OURENSE SAN HUBERTO |
Aneiros Leira con “Arco das Fontiñas” e Canosa Senlle con “Thor de Forvelaz” foron os campións en Xinzo |
08/03/2021 |
XXIII Campionato Provincial de Ourense de San Huberto Como xa avanzábamos en días anteriores a Federación Galega de Caza iniciaba as competicións cinexéticas paralizadas por mor da covid-19. Nesta ocasión o pasado 6 de marzo desputouse o Campionato Provincial de Ourense de Caza San Huberto baixo a organización da FGC de Ourense e contando coa inestimable colaboración da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia. Coa máxima responsabilidade e cumprindo o Protocolo Fisiocovid da FGC tivo lugar este campionato provincial de San Huberto na que actuaron como árbitros Juan Álvaro Rodríguez Pereira e Ramón Noya Viña Unha vez desputada a proba o campión absoluto foi Jaime Aneiros Leira co macho de braco “Arco das Fontiñas” e un total de 87 puntos. Con 79 puntos e en segunda posición remataba Jaime Aneiros Ardao co pointer macho “Baco da Brisa”. O bronce era para José Canosa Senlle co setter inglés macho de nome “Monsieur du Pont Cobland” e 67 puntos. José Canosa Senlle era o campión na categoría de spaniel springer con “Thor de Forvelaz” e 58 puntos.
Jaime Aneiros Leira, Jaime Aneiros Ardao, José Canosa Senlle, Eliseo Faraldo Fernández e Lucas Otero Álvarez conforman a selección provincial de Ourense que representará a esta provincia na proba autonómica da especialidade. |