TAMÉN PARA COVID-19
Publicadas as axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas
17/02/2021

A Secretaría Xeral para o Deporte ven de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución de axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas e para a implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19.

Esta resolución consta de dúas liñas de axudas:

  • Liña I: desenvolvemento de actividades deportivas(máximo 10.000€ por sociedade)
    • Serán subvencionables os gastos derivados da participación en competicións de carácter oficial en 2020.
  • Liña II: implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19 
    • Máximo 3.000€ por sociedade para disciplinas deportivas que impliquen contacto físico
    • Máximo 1.500€ por sociedade para disciplinas deportivas que non impliquen contacto físico
    • Serán subvencionables os gastos correntes derivados da implementación de medidas de seguridade e prevención da COVID-19 durante os exercicios 2020 e 2021 (entre o 12.06.2020 e o 30.06.2021), con motivo da participación en competicións de ámbito autonómico e/ou estatais

Prazo

  • O prazo para as solicitudes remata o 18 de marzo 2021

Gastos subvencionables

Liña I

  • Licenzas federativas aboadas.
  • Seguros deportivos aboados e outros seguros contratados, relacionados coa actividade deportiva, que non fosen obxecto doutras axudas, subvencións ou achegas desta ou doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
  • Inscricións en competicións oficiais aboadas e outros gastos propios do calendario que asumirá o club por normativa de competición.
  • Gastos de arbitraxes.
  • Gastos de adestradores/as.
  • Gastos relacionados co transporte e medios de transporte utilizados para asistir a adestramentos e competicións.
  • Gastos de manutención e aloxamento para asistir ao calendario de competicións.
  • Material deportivo non inventariable (balóns, equipamientos/roupa de xogo/adestramento, etc.).
  • Produtos básicos de farmacia/caixa de urxencias.
  • Gastos de ambulancias no desenvolvemento de eventos deportivos.
  • Alugamento de instalacións deportivas para desenvolver adestramentos ou competicións.
  • Gastos derivados da contratación de persoal, incluído salario, cotas da Seguridade Social e retencións do IRPF practicadas. En canto ás relacións de responsabilidade que deriven dese carácter contractual entre a entidade beneficiaria e o persoal contratado, serán de única e exclusiva responsabilidade da entidade beneficiaria.

Liña II

  • Gastos derivados da adquisición de máscaras, luvas, xeles hidroalcólicos e outros produtos de limpeza e desinfección.
  • Gastos derivados da realización de tests de detección da COVID-19.
  • Gastos derivados da implementación doutras medidas de seguridade e de prevención da COVID-19 (marcaxe de zonas, identificación de asentos, carteis de mensaxaría, etc.)
  • Gastos derivados da contratación de persoal técnico cualificado COVID-19, incluíndo salario, cotas da Seguridade Social e as retencións do IRPF practicadas. En canto ás relacións de responsabilidade que deriven dese carácter contractual entre a entidade beneficiaria e o persoal contratado, serán de única e exclusiva responsabilidade da entidade beneficiaria.

Para información mais detallada consulte o documento da resolución