BUROFAX |
A FGC solicita a club-caza.com a rectificación dunha publicación no seu blog “Diario de Caza” |
25/11/2020 |
En burofax remitido esta mañá, a Federación Galega de Caza ven de solicitar ao medio de comunicación club-caza.com a rectificación dunha nota publicada o pasado 23 de novembro no blog colectivo “Diario de Caza” co titular “La FGC insta a las sociedades de caza a que expidan un certificado para que los federados se salten las restricciones”, de autor anónimo, acolléndose así ao dereito de rectificación previsto na Lei Orgánica 2/1984, de 26 de marzo. Pode ver o contido deste burofax a continuación ou descargalo premendo aquí. |