A FGC INFORMA
A FGC trasladoulle a Xunta de Galicia a necesidade de manter a caza como actividade esencial
16/10/2020

O pasado mércores o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, trasladoulle ao presidente da Xunta de Galicia e a Conselleira de Medio Ambiente a necesidade da declaración da caza como actividade esencial, permitindo a movilidade dos cazadores. Unha medida vital para prever e conter os danos que se poidan producir nos cultivos e nas estradas.

Co obxectivo de estar preparados para calquera medida que se adopte por parte do Goberno de España ou da propia Xunta de Galicia para conter a propagación do coronavirus, varias entidades do sector cinexético, ata 70, entre elas esta Federación Galega de Caza, ven de sumarse a un escrito que se remitiu o pasado luns ao Presidente do Goberno e ao Ministerio de Sanidade, para que se considere a caza como unha actividade esencial.