COMUNICADO DA FGC
A FGC mantiña unha reunión de traballo coa Xefa Territorial de Medio Ambiente en lugo
13/07/2020

Na pasada semana, o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, acompañado do presidente federativo provincial en Lugo, Francisco López, mantiñan unha reunión de traballo coa Xefa Territorial de Medio Ambiente en Lugo, Margarita López, con diferentes temas cinexéticos enriba da mesa.

Diferente temática que afectan ás sociedades de caza e cazadores lucenses ocuparon a reunión de traballo para acadar unha sinerxia que redunde no bo desenvolvemento da caza na provincia de Lugo.

Plans de Aproveitamento Anual, comunicacións coa Administración e a situación dos danos provocados polo xabaril nas colleitas ateigaron o groso desta reunión na que a bo seguro facilitará a práctica cinexética ás portas dunha nova tempada de caza.