COMUNICADO DA FGC |
Rematan os contactos coas forzas políticas que tiveron a ben xuntarse coa Federación Galega de Caza |
09/07/2020 |
No día de hoxe, Luís Álvarez e Manuel Marey candidatos do Partido Socialista pola provincia de Lugo, mativeron unha reunión con representantes da Federación Galega de Caza na provincia amurallada. Foi esta a derradeira forza política que escoitou os problemas que ten a caza en Galicia ante os comicios electorais do vindeiro domingo 12 de xullo. Durante máis dunha hora de reunión, o presidente da FGC, Javier Nogueira desmenuzou os diferentes puntos e problemáticas coas que se atopan os cazadores e a caza en Galicia, así como os diferentes proxectos a desenvolver por parte do ente federativo no futuro e que deberán redundar nunha mellora da actividade cinexética. Ao igual que fixo con todos os representantes políticos cos que a FGC mantivo contacto nestes días, o máximo representante federativo solicitou unha posta en valor da caza en Galicia para afrontar diferentes temas cinexéticos e non cinexéticos que poidan afectar aos cidadáns galegos, facendo especial fincapé nos danos producidos polo xabaril en colleitas e estradas.
A FGC agarda que sexa cal sexa a cor política resultante dos vindeiros comicios, a caza ocupe o lugar que lle corresponde dentro da importancia social, económica e medioambiental que ten na nosa comunidade autónoma. |