COMUNICADO DA FGC
A FGC aberta a recibir ás diferentes forzas políticas ante os comicios electorais do vindeiro 12 de xullo
02/07/2020

Representantes do partido político Vox, coa presencia do Deputado Nacional da formación, Ricardo Chamorro e do candidato á presidencía da Xunta de Galicia, Ricardo Morado, achegáronse á Federación Galega de Caza para coñecer de preto a problemática actual da caza e dos cazadores galegos.

A iniciativa desta reunión partiu da propia formación política, que solicitou nos días previos unha reunión cos responsables federativos para coñecer de primeira man cal é a situación da caza na Comunidade.

O presidente da FGC, Javier Nogueira, realizou un desglose profundo sobre a importancia e repercusión social, económica e ambiental da caza en Galicia ao tempo que aproveitou para manifestar e recordarlle ás diferentes forzas políticas a necesidade da posta en valor da caza ante uns comicios nos que as 40.000 familias de cazadores galegos exerceran o seu dereito a voto.