100% ONLINE, SEN ESPERAS
Xa pode tramitar a súa federativa ou seguro federativo de caza as 24h do día, os 365 días do ano
12/06/2020

A Federación Galega de Caza (FGC) ven de dar un paso moi importante na súa aposta por axilizar os trámites dos cazadores. Dende hoxe, xa é posible tramitar de xeito inmediato, a calquera hora do día, calquera día do ano, a súa licencia federativa ou seguro federativo de caza a través da súa páxina web.

Grazas ao traballo conxunto coa Mutua dos Cazadores, Mutuasport, a FGC ven de habilitar o derradeiro paso para que o trámite online de federativas e seguros de caza sexa completamente automatizado, e polo tanto máis áxil para os cazadores. Tan só necesitan introducir os seus datos e persoais e realizar o pago cunha tarxeta bancaria a través do sistema de pago totalmente securizado para obter, en cuestión de minutos, a súa póliza, que poderán imprimir ou portar no seu teléfono móbil.

Esquecer a data de renovación do seguro de caza xa non será un problema, xa que o cazador poderá tramitar agora o seu seguro de caza incluso minutos antes de saír para o cazadeiro. 

A FGC ten previsto ademais incorporar progresivamente melloras ao sistema nas vindeiras semanas e meses, sendo a mais inmediata a creación dun deseño especialmente adaptado ás pantallas dos teléfonos móbiles para facilitar o seu uso dende este tipo de dispositivos.

Seguiremos traballando para incorporar cada vez mais, as vantaxes da tecnoloxía e as redes informáticas aos trámites federativos.

Tramitar online a súa licencia ou seguro federativo