ADESTRAMENTO CANS
A Consellería de Medio Ambiente acepta a petición da FGC do adestramento de cans despois do desconfinamento
05/06/2020

O presidente Javier Nogueira, nunha reunión de traballo mantida coa Conselleira de Medio Ambiente e Directora Xeral de Patrimonio Natural no mes de abril solicitaba a autorización dos adestramentos unha vez que a situación do Covid-19 o permitise.

A FGC sendo consciente de que determinadas Sociedades de Caza tiñan non seu Plan de Aproveitamento Anual como meses de non adestramento, maio e xuño ou xuño e xullo, tivesen a posibilidade de solicitar, si o desexaban, ditos meses como permitidos para o adestramento. Argumentando tal petición na necesidade que presentan os cans de caza de manter un beenestar e condicións saudables xa que prolongar dous meses máis a súa inactividade sería perxudicial.

A Consellería de Medio Ambiente aceptou dita petición federativa e aquelas sociedades de caza que o desexen poderán solicitar, apartir de hoxe, dita autorización para o adestramento canino.