DANOS XABARIL |
A FGC e a Dirección Xeral de Patrimonio intensifican o traballo por mor dos danos no agro |
03/06/2020 |
Como xa apuntou a FGC en semanas anteriores, nestes meses de maio e xuño, coa actividade agraria do ensilado e sembra do millo, tivo lugar a comunicación de importantes danos producidos polo xabaril por diferentes puntos da xeografía galega. Como sempre o fixo, a Federación Galega de Caza manterá unha forte colaboración cos labregos e gandeiros para que se minimicen todo o posible os danos que produce o xabaril. No día de hoxe a FGC mantivo unha conferencia de traballo coa Consellería de Medio Ambiente, para abordar e aplicar as medidas necesarias e así reducir a incidencia do xabaril no campo. Nos vindeiros días os contactos entre a FGC e a Administración serán continuos no referente aos danos da fauna cinexética en estradas e colleitas. |