![]() |
COMITÉ GALEGO DE CAZA |
Xuntanza do Comité Galego de Caza e propostas realizadas pola FGC |
15/04/2020 |
Na mañá de hoxe, mércores día 15 de abril, tivo lugar a xuntanza do Comité Galego de Caza, cuxos acordos servirán de base para confeccionar a “Resolución de Vedas” que regula os períodos hábiles de caza das distintas especies cinexéticas para a vindeira tempada de caza 2020/2021. Nesta ocasión, e debido a situación de Estado de Alarma por mor do Covid-19, dito Comité realizouse por videoconferencia pero non por elo a FGC deixou de realizar as súas propostas de cara o vindeiro exercicio cinexético 2020/2021. O Comité estivo composto polos diferentes representantes dos cazadores galegos e das sociedades de caza, entre os que se atopaban os catro presidentes provinciais da Federación Galega de Caza, e todos eles encabezados polo presidente da FGC, Javier Nogueira Diz; así como representantes da administración autonómica. A Xuntanza estivo presidida pola Directora Xeral de Conservación da Natureza, Belén do Campo. No transcurso da reunión, analizáronse as propostas dos catro comités provinciais de caza, de cara a establecer a normativa que regule os períodos hábiles e as especies que serán obxecto de caza na vindeira tempada. A FGC participou activamente na xuntanza, achegando moitas das inquedanzas dos cazadores galegos e entre as que destacamos as seguintes:
Queda todo emprazado para que sexa a Consellería do Medio Ambiente a que fixe, coa publicación da Resolución de Vedas, as regras que rexerán a práctica cinexética na nosa comunidade na vindeira tempada. |